Unha pulseira na semana IgualOroza

Se no 2021 o centro púxose a máscara MullerOroza, este 2022 quixemos vestir as nosas muñecas cunha pukseira conmemorativa desta semana IgualOroza, e que toda a comunidade educativa foi lucindo ao longo da semana. Moitas grazas a todos e todas por participar lucindo a vosa pulseira!

8 de marzo: Sororidade

Seguimos ampliando o noso vocabulario feminista. Este curso adicamos o día 8 de marzo á palabra sororidade. A R.A.E. incorporou este termo ao dicionario de 2018 coa definición de “grupo formado pola amizade e a reciprocidade entre mulleres que comparten un mesmo ideal e traballan para acadar o mesmo obxectivo”. Este concepto deriva de termos…

Seguimos xuntos con corresponsabilidade

O curso pasado comezamos unha campaña entre o noso alumnado para por o foco sobre a importancia de exercer a corresponsabilidade como ferramenta para a saúde dunha relación entre persoas, sexa como parella afectiva, familiar, de amizade ou profesional. Este curso volvemos por o foco na corresponsabilidade, utilizando como modelos para a nosa campaña ás…

Ti nos representas

No plan de igualdade do centro, contemplábase na actividade 23 “Ti nos representas”, promover que fosen as mulleres as que nos representasen nos concursos aos que habitualmente se presenta o centro, e que maioritariamente facían os rapaces. Nesta ocasión e seguindo a senda do curso pasado temos de novo a unha muller, representándonos no noso…

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a nena na ciencia

No noso calendario de efemérides IgualOroza, protagoniza o día 11 de febreiro unha alumna de servizos, que nos amosa un dos inventos relacionados cos nosos ciclos e feito por unha muller: o filtro de café. E cómo xurdiu isto? Pois isto nos contan en Forum Café… Hai inventos que representaron un antes e un despois…

Novo curso coa número 1

Entre as actividades previstas no plan de igualdade contémplase a denominada “A número un” na que alomenos durante un trimestre, o alumnado feminino dos ciclos que dan servizo, son as responsables dos eventos e servizos que realiza o seu grupo. O obxectivo é visualizar nos postos de responsabilidade ás mulleres do grupo, en clara minoría…

Showcooking feminino en Etiqueta Negra Gourmet

Nesta nova edición de Etiqueta Negra Gourmet abrimos os showcooking  da feira co noso alumnado de 2º de CMSERV e 2º de FPB. Unha actividade que recuperamos despois dun curso en branco e no que presentamos 3 bebidas e 3 snacks saudables e moi vistosos. Como en ocasións anteriores, aproveitamos este escaparate cara á cidadanía…

25N: FP Básica visibiliza a súa posición contra a violencia

O alumnado de 1º e 2º de FP Básica, visibilizaron coa vestimenta que utilizaron durante toda a xornada a súa posición contra a violencia contra as mulleres e as nenas, que asola o mundo de norte a sur e de leste a oeste. Deseñáronse unhas exclusivas camisetas que todo o alumnado quixo vestir para esta…

25N: Masculinidade en conflicto no Discurshow de Vicente Mohedano

Neste día no que poñemos o foco nos homes da #xeraciónigualdade, traemos ao noso centro ao inxenioso actor Vicente Mohedano e a súa intelixente obra “Discurshow: masculinidade en conflicto”. Neste show, que foi desenvolvido na aula de I+D, coa asistencia do aforo máximo de 35 persoas, Vicente Mohedano fai unha reflexión sobre o papel do…

25 N: Os homes do Oroza asumen o seu papel protagonista

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, día no que visibilizar tódolos pasos que quedan por dar para deixar de conmemorar este día. E os homes do noso centro, que forman parte da nova #xeracionigualdade están tomando un papel activo na erradicación da violencia de xénero. Homes preparados para reeducarse nos roles…